27 – 28 Xuño / Trasanquelos (A Coruña)

Trasan Fest
28 Xuño

Música, arte e gastronomía en plena natureza. Trasan Fest nace coa idea de crear unha experiencia musical única e de calidade, con concertos íntimos en plena natureza, onde poder gozar e sentir a música de artistas emerxentes nunha contorna idílica. A cita, que este 2025 afronta o seu IV capítulo, está situada en Trasanquelos, unha paraxe natural no corazón de Galicia, ese lugar ideal para mergullarse na música e descubrir novos artistas nun ambiente máxico en plena montaña. Trasan Fest preséntase como a oportunidade perfecta para vivir unha experiencia inmersiva, con concertos, dj’s, gastronomía galega e obradoiros nun espazo único.