Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.
Event Series: Terrasón

Terrasón

2 Agosto

2–28 Agosto / 20:00 / O Barco de Valdeorras (Ourense)

A sétima edición do ciclo Terrasón volverá encher de música diferentes espazos de O Barco de Valdeorras durante o mes de agosto. Incluído nos Concertos do Xacobeo, o programa ofrecerá seis actuacións gratuítas en distintos enclaves da vila, achegando a música en directo á cidadanía e convertendo rúas e prazas en escenarios ao aire libre.

A programación comezará o 2 de agosto no Paseo do Malecón con Las Nietas del Charli, formación que combina rock, blues e soul cunha marcada enerxía sobre o escenario. O 7 de agosto será a quenda de Los Brazos, trío vasco de rock e blues coñecido polo seu potente directo. O 14 de agosto, Mad Martin Trío levará ao Paseo do Malecón unha proposta que transita polo blues, o rock e o rhythm & blues. O 22 de agosto, Mrs. Fine achegará á praza Andrés de Prada unha mestura de soul, funk, jazz e pop. Ao día seguinte, 23 de agosto,Tony Perry & The Bombers ocuparán a praza Maior cunha proposta de rock and roll e blues de inspiración clásica.

O ciclo pecharase o 28 de agosto no adro da igrexa de San Miguel de Xagoaza con ‘Os sons esquecidos’, de Abraham Cupeiro, un espectáculo no que o músico e investigador galego recupera instrumentos antigos e pouco coñecidos para crear unha viaxe sonora por diferentes épocas e culturas.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Terrasón aposta por unha programación diversa e de acceso gratuíto que espalla a actividade musical por diferentes puntos de O Barco de Valdeorras, dinamizando a vida cultural da vila durante o verán.

Detalles

Recinto