Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Steve Vai

17 Xullo, 2022 / 20:00

33€

17 Xullo / 20:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 33€

O americano Steve Vai, que tocará en Vigo o domingo 17 de xullo, é unha lenda viva do rock, con trinta anos de traxectoria, quince millóns de discos vendidos e tres premios Grammy no seu haber. Durante anos foi a man dereita de Frank Zappa, ademais de colaborador de lendas como Jeff Beck, Ozzy Osborne, Ray Cooder ou Alice Cooper.

Este verán o Ciclo Xacobeo Vigo achega á localidade os sons exclusivos de seis grandes artistas e bandas internacionais, coa intención de ofrer unha mostra da diversidade musical do mundo e a súa riqueza de estilos con figuras de referencia da escena actual. Os concertos realízanse tanto no auditorio interior coma na espectacular terraza do Mar de Vigo.

As seis actuacións que pasarán entre xullo e setembro polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop (6 de xullo), que estará por vez primeira en Galicia, a lenda americana do rock Steve Vai (17 de xullo), a música sofisticada do bretón Yann Tiersen (22 de xullo), a mítica banda escocesa Texas (9 de agosto), a nova revelación internacional cubana Cimafunk (26 de agosto) e as espectaculares percusións dos Mayumaná (18 de setembro).

Detalles

Data:
17 Xullo, 2022
Hora:
20:00 – 22:00
Custe:
33€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Steve Vai

Recinto

Auditorio Mar de Vigo, Vigo
Avenida da Beiramar, 59 Pontevedra 36202 Spain + Google Map