Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: SonRías Baixas

SonRías Baixas

31 Xullo

30 Xullo – 1 Agosto / 12:00 / Bueu (Pontevedra)

O SonRías Baixas é un dos festivais referencia do verán galego. O evento destaca pola súa mestura de música alternativa, ambiente festivo e aposta pola diversidade, combinando artistas consolidados co talento emerxente e galego.

O cartel reúne propostas de estilos moi variados, desde o rock alternativo e o punk ata a electrónica, o pop, a rumba ou a cumbia psicodélica. Nesta edición destacan grupos e artistas como La M.O.D.A., La Pegatina, Biznaga, Zahara (Rave), Veintiuno, Alcalá Norte, Ultraligera e Barry B.

Tras o éxito da edición de 2025, co apoio dos Concertos do Xacobeo, o festival segue medrando mantendo a súa identidade próxima e ligada a Bueu, consolidándose tamén como un importante impulso cultural, turístico e económico para a comarca.

Recinto