Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Simple Minds

27 Xullo, 2022 / 22:00

34€

27 Xullo / 22:00 / A Coruña / Desde 34€

Os de Glasgow son unha das bandas máis lonxevas e reputadas do denominado “rock de estadio”. Na súa longa traxectoria, o grupo escocés foi protagonista de concertos históricos como o de ‘’Night of the Proms’’ en Róterdan ou o mítico concerto no estadio de Wembley diante de máis de 50.000 persoas. Chegaron a vender máis de 60 millóns de discos e un dos seus singles máis exitosos, Dont You (Forget About Me), está incluído na lista das 100 cancións máis vendidas da historia, con 6,5 millóns de copias.

Con máis de 20 discos ás súas costas, lograron que seis deles, Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Light (1987), Ballad of the Streets (1989), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize (1992) alcanzasen os primeiros postos das listas en máis de 20 países.

Neste 2022, a banda embarcarase nunha extensa xira mundial (que tivo que ser atrasada pola pandemia) para celebrar os seus 40 anos de traxectoria, na que repasarán as cancións máis emblemáticas de toda a súa carreira. Case 20 anos despois do seu último concerto nun escenario galego, Simple Minds chega nun gran momento de forma e cun conxunto de cancións xa lendarias. Unha oportunidade única para a gran cantidade de fans que o grupo ten en Galicia.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
27 Xullo, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
34€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Simple Minds

Recinto

Coliseum, A Coruña
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2 A Coruña 15008 Spain + Google Map