Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Senda do Mar Music Festival

25 Xullo

25 Xullo / Poio (Pontevedra)

O 25 de xullo, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, o Concello de Poio acolle a primeira edición de Senda do Mar, un novo festival gratuíto de música urbana e comercial que forma parte do programa da Xunta de Galicia Concertos do Xacobeo 2025.

A cita terá lugar na emblemática contorna da Seqca, un espazo natural á beira do mar que se converterá nun gran escenario para celebrar a música e a cultura ao ritmo das últimas tendencias musicais.

O cartel está encabezado polo artista internacional Chimbala, estrela mundial do dembow e a música urbana latina, que fará bailar ao público cun dos directos máis explosivos do panorama actual. Xunto a el actuarán o coñecido DJ nacional Juanjo García, os artistas galegos Sote e Borja Solla, e os Djs locais Arrow e Yago Rivas.

Senda do Mar é un evento gratuíto, con entrada libre ata completar aforo, e está pensado como unha gran celebración aberta a toda a cidadanía. A organización aposta por unha proposta que mestura talentos internacionais e locais, apostando pola música como motor de encontro e festa no corazón das Rías Baixas.

Detalles

Data:
25 Xullo
Categoría do Evento:

Protagonista

Chimbala

Recinto

Parque da Seca, Poio
4ª Travesia Seara, 9 Pontevedra 36995 Spain + Google Map