23 Novembro / 20:30 / A Coruña
Sara Baras a Paco de Lucía. Vuela
23 Novembro / 20:30
Para celebrar o 25 aniversario da súa compañía, Sara Baras presenta Vuela, un espectáculo en homenaxe ao mestre por antonomasia da guitarra: Paco de Lucía, co que este outono visitará o Palacio da Ópera da Coruña.
Ideado desde o respecto, o agarimo e o amor que ambos compartían, este show foi creado para ser inesquecible e transportarnos unha vez máis a ese máxico mundo que soamente Sara Baras é capaz de crear. Asumindo a responsabilidade de render homenaxe ao xenio de Alxeciras, esta viaxe coreográfica está composta por 15 pezas únicas que, coa súa linguaxe flamenca, viran ao redor das palabras en movemento.