31 Agosto / 21:00 / Leiro

Roi Casal
31 Agosto / 21:00

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nado en 1980. Domina con grande virtuosismo a arpa céltica e a zanfoña, instrumentos milenarios da súa terra natal. Formou parte da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009. A súa carreira artística en solitario comeza en 2009 coa publicación do álbum Lendas douradas, ao que seguiron Maxicamente vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Estes traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertéronse en número un en vendas en Galicia no momento dos seus lanzamentos. A súa música serviu tamén como banda sonora para producións cinematográficas e de televisión en distintos países, mentres que as súas xiras o levaron a lugares como Xapón, Arxentina, Estados Unidos, Suíza, Uruguai, Portugal ou Alemaña.