Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Portamérica

3 Xuño, 2022

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 4 Xuño, 2022

30€ - 65€

2 – 4 Xuño / Varios horarios / Caldas de Reis (Pontevedra) / A partir de 30€ - Abonos a partir de 65€

A décima cita con PortAmérica, o festival galego que cada ano conecta os dous lados do Atlántico a través da música, celebrarase por primeira vez no mes de xuño, concretamente os días 2, 3 e 4 de xuño, nun novo recinto na Fábrica Azucreira de Portas, aínda que tamén estarán moi presentes A Carballeira de Caldas de Reis e A Tafona.

Os nomes presentes no cartel manteñen a liña estilística habitual do festival, pero tamén engaden novos sons urbanos: Bizarrap, Lori Meyers, Nathy Peluso, Baiuca, Rozalén, Viva Suecia, Natalia Lacunza, Andrés Suárez, Coque Malla, Mikel Erentxun, Arde Bogotá, Muchachito Bombo Inferno ou La La Love You, entre moitos outros.

Como sempre, a gastronomía será unha parte fundamental do festival e polo ShowRocking de Pepe Solla pasarán chefs da talla de Ángel León, Eneko Atxa, Maca de Castro, Andoni Luís Aduriz, Francis Paniego ou Begoña Rodrigo.

Detalles

Data:
3 Xuño, 2022
Custe:
30€ - 65€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Fábrica Azucreira de Portas, Caldas de Reis
Rúa Estación, 34 Pontevedra 36658 Spain + Google Map