Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Carrilanas de Esteiro

18 Xullo

17–19 Xullo / 20:00 / Muros (A Coruña)

O Festival das Carrilanas de Esteiro celebra unha nova edición entre o 17 e o 19 de xullo, consolidándose como unha das citas de referencia para gozar da música galega ao aire libre. O festival nace co obxectivo de achegar ao público a mellor música do país e ofrecer tamén un espazo de visibilidade para as bandas e artistas locais.

A programación abrirase o 17 de xullo con Baiuca, 9Louro, De Ninghures, Kike Varela e Moe DJ. O sábado 18 será a quenda de The Rapants, Treixadura, Familia Caamagno, Señora DJ, Duendeneta Dilleis, Alddara e Xián Pais, mentres que o domingo 19 a programación contará coa actuación da Orquesta Neverloura e co pasarrúas da Mekánika Rolling Band.

No marco dos Concertos do Xacobeo, o festival reforza a programación musical do verán galego cunha proposta que aposta pola creación do país, pola música en galego e pola presenza de artistas de diferentes estilos e xeracións.

Detalles

Recinto