25–28 Xuño / 20:00 / O Porriño (Pontevedra)
Petra Rosa Festival
26 Xuño


As canteiras do Porriño convértense nun escenario natural único no Petra Rosa Festival, que nace neste 2026 para consolidar a localidade como un epicentro musical de Galicia e que conta co apoio dos Concertos do Xacobeo.
A arte sonora e a paisaxe industrial fundiranse nunha experiencia irrepetible na que gozar coa música ao tempo que se descubre o patrimonio da vila. Nesta primeira edición, o festival conta coas actuacións de Bresh, Pablo López, Antonio Orozco e Sergio Dalma.

