27 Setembro / Ourense

- Este evento pasou.
Our Fest
27 Setembro

OUR FEST regresa o sábado 27 de setembro a Expourense cunha cuarta edición que confirma á cidade das Burgas como un punto de encontro imprescindible para a música independente alternativa. En apenas tres edicións, o festival conseguiu atraer a público de toda Galicia, distintas zonas da península e o norte de Portugal, xerando impacto cultural e social, e ofreceu experiencias irrepetibles ao achegar a artistas que, en moitos casos, visitaban Galicia por primeira vez.
Neste 2025 Kruder & Dorfmeister, Happy Mondays, Mercury Rev, León Benavente, Viva Belgrado e Dream Nails, asinan o cartel dunha cita que confirma a Ourense como destino musical imprescindible.