31 Xullo / O Carballiño (Ourense)
Ou Yeah!: Burning


O Festival Ou Yeah! naceu en 2025 co apoio dos Concertos do Xacobeo e regresa en 2026 coa súa segunda edición, reafirmando un modelo que vai máis alá dos concertos para entender o evento como unha experiencia cultural onde conviven música, territorio e identidade.
O festival aposta por un formato expandido no tempo e no espazo que transforma a provincia de Ourense nun escenario vivo. Nesta nova edición, o público poderá asistir a tres grandes citas e a primeira é o 31 de xullo no Carballiño con Burning, o mítico grupo de rock madrileño que segue facendo gozar o público despois de 50 anos sobre os escenarios.
Ou Yeah! amplía a experiencia musical cunha aposta clara pola gastronomía como parte esencial do relato. En cada cita, o público poderá desfrutar de propostas culinarias deseñadas por cociñeiros ourensáns vinculados á asociación Cociña Ourense.

