24 Xullo / 12:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Orballo Cultural: Santiago de Compostela


Coincindo coas festas do Apóstolo, Orballo Cultural programa para o 24 de xullo a súa parada en Santiago de Compostela. A praza da Quintana encherase de música cos concertos de Lila Downs, cantante mexicana que mestura o folclore tradicional con xéneros contemporáneos como o jazz, blues, hip-hop, cumbia e rock, e de Belém Tajes, compositora galega que fai seus estilos como o pop e a música tradicional galega e latinoamericana.
Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programará en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.

