21 Agosto / 22:00 / Baiona (Pontevedra)
Orballo Cultural: Baiona


Maricarme e Baiuca son os protagonistas da cita con Orballo Cultural en Baiona. O público poderá gozar da proposta de folk galego de Maricarme, que bebe da música tradicional para ofrecer un directo próximo e cheo de identidade, e da innovadora fusión de electrónica e música de raíz de Baiuca, un dos grandes referentes da escena galega actual cun espectáculo sonoro e audiovisual recoñecido internacionalmente.
Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programa en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.
