18–20 Xuño / 18:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)
O Son do Camiño


De novo, neste 2026 terá lugar en Santiago de Compostela un dos eventos musicais máis importantes do ano. Decenas de miles de fans da música en directo encherán un ano máis o mítico recinto do Monte do Gozo os días 18, 19 e 20 de xuño, nunha cita con máis de 40 concertos, da man de bandas e artistas indispensables no panorama internacional e estatal como Linkin Park, Katy Perry, Dani Martín, Lola Índigo, Biffy Clyro, Afrojack, Guitarricadelafuente e Sen Senra, entre moitos outros. Nesta edición, tamén volverá haber un escenario dedicado á mellor música electrónica.
En 2018, O Son do Camiño viu a luz co obxectivo de poñer a Galicia no mapa do turismo musical nacional, así como promocionar dous dos principais estandartes da cultura galega: o Camiño de Santiago e o Ano Santo. Co respaldo da Xunta de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, O Son do Camiño converteuse nun dos motores turísticos máis importantes en Galicia, con público chegado fóra das nosas fronteiras, proxectando o Monte Do Gozo compostelán como un dos escenarios máis emblemáticos de toda Europa.

