11 Xullo / 17:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)
O Gozo Festival


O Gozo Festival celebra neste 2026 a súa cuarta edición co apoio da Xunta de Galicia, consolidándose como unha cita imprescindible para ver en directo estrelas mundiais de estilos musicais ricos e plurais. O cartel deste 2026 reúne no Monte do Gozo a Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez.
En 2025, o festival contou con máis de 55.000 asistentes, cun impacto en medios que situou a marca Galicia a nivel nacional e internacional. Outra das singularidades do Gozo Festival é que se trata dun evento espallado no tempo, con concertos de artistas de renome que se dosifican ao longo de todo o ano, como é o caso de The Kooks (5 de marzo) ou Garbage (6 de xullo), ambos os dous na Coruña.

