Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O Gozo Festival: The Warning

6 Abril / 21:00

6 Abril / 21:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)

A segunda edición de O Gozo Festival abre o seu cartel este 2024 coa actuación das mexicanas The Warning na Sala Capitol. Despois de compartir xiras con colosos como Muse, Guns n’ Roses ou Foo Fighters, a banda de hard rock, unha das grandes sensacións da escena internacional actual, presenta o seu potente directo en Santiago de Compostela no que será o seu primeiro concerto en Galicia. The Warning terá como acompañante na Capitol a Conquer Divine, outra interesante troupe integrada solo por mulleres, que presentará o seu segundo álbum Slow Burn.

Nacido en 2023, O Gozo Festival é una cita imprescindible que programa en diferentes cidades de Galicia un coidado elenco de importantes artistas internacionais, referentes nos seus distintos estilos e que, na súa maioría, visitan por primeira vez a nosa comunidade. Organizado co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no conxunto de directos da súa primeira edición rexistrou máis de 40.000 persoas provenientes de 17 países. Este 2024 regresa da man de figuras como Ed Sheeran, Maná ou Queens of the Stone Age, tras unha exitosa primeira edición en 2023 na que se deron cita, entre outros, nomes como Robbie Williams, Martin Garrix, Robert Plant ou Pixies.

Detalles

Data:
6 Abril
Hora:
21:00 – 23:00
Categoría do Evento:

Protagonistas

The Warning
Conquer Divine

Recinto

Sala Capitol, Santiago de Compostela
Rúa de Concepción Arenal, 5 A Coruña 15702 Spain + Google Map