Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O Gozo Festival: Maná

27 Xuño / 22:00

27 Xuño / 22:00 / A Coruña

Tras seis anos de espera, a banda mexicana Maná regresa a España para interpretar durante máis de dúas horas os grandes hits da súa carreira no Coliseum da Coruña, no marco da súa xira mundial “México Lindo y Querido Tour”.

Considerado como o grupo de rock en español máis influente do mundo e un dos nomes latinos máis importantes de todos os tempos, Maná leva case 40 anos transcendiendo xeracións coa súa música. Esta nova xira supón o esperado reencontro do público coa forza e a maxia do seu directo, no que non faltarán os seus temas máis icónicos e populares, entre eles, Oye mi amor, Rayando el sol, Clavado en un bar, En el muelle de San Blas, Amor clandestino, Mariposa traicionera, Vivir sin aire ou Labios compartidos.

Nacido en 2023, O Gozo Festival é una cita imprescindible que programa en diferentes cidades de Galicia un coidado elenco de importantes artistas internacionais, referentes nos seus distintos estilos e que, na súa maioría, visitan por primeira vez a nosa comunidade. Organizado co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no conxunto de directos da súa primeira edición rexistrou máis de 40.000 persoas provenientes de 17 países. Este 2024 regresa da man de figuras como Ed Sheeran, Maná ou Queens of the Stone Age, tras unha exitosa primeira edición en 2023 na que se deron cita, entre outros, nomes como Robbie Williams, Martin Garrix, Robert Plant ou Pixies.

Detalles

Data:
27 Xuño
Hora:
22:00 – 23:30
Categoría do Evento:

Protagonista

Maná

Recinto

Coliseum, A Coruña
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2 A Coruña 15008 Spain + Google Map