6 Xullo / 21:30 / A Coruña
O Gozo Festival: Garbage


O Gozo Festival celebra neste 2026 a súa cuarta edición co apoio da Xunta de Galicia, consolidándose como unha cita imprescindible para ver en directo estrelas mundiais de estilos musicais ricos e plurais.
Ademais, outra das singularidades do Gozo Festival é que se trata dun evento espallado no tempo, con concertos de artistas de renome que se dosifican ao longo de todo o ano. É o caso da banda estadounidense Garbage, que estará na Coruña o 6 de xullo. Será unha cita moi especial, no marco da súa xira de despedida tras máis de tres décadas de carreira, na que escoitar en directo o novo álbum ‘Let All That We Imagine Be The Light’ así como os grandes clásicos dunha das bandas máis influentes do rock alternativo dos anos 90.

