22 Xuño – 5 Xullo / A Coruña
Noites do Porto
28 Xuño


O festival Noites do Porto da Coruña volve ofrecer no seu programa noites máxicas con artistas de referencia. Esta sexta edición cambia de datas e pasa a celebrarse a comezos do verán. Ademais, será a máis ambiciosa de todas, con dúas semanas de directos, novos espazos e contidos. Noites do Porto afiánzase así no ecosistema cultural da cidade.
As primeiras confirmacións do cartel son Lela Soto (22 de xuño), Ellis-D (28 de xuño, primeira vez en España), Curtis Harding (30 de xuño), La Tania (25 de xuño, primeira vez en Galicia), María José Llergo (2 de xullo) e Nadadora (5 de xullo).
