22 Xuño – 5 Xullo / A Coruña
Noites do Porto
22 Xuño


O festival Noites do Porto da Coruña volve ofrecer no seu programa noites máxicas con artistas de referencia. Esta sexta edición cambia de datas, pasa a celebrarse a comezos do verán, e será a máis ambiciosa de todas.
O evento contará con dúas semanas de directos e incorporará novos espazos e contidos. Noites do Porto afiánzase no ecosistema cultural da cidade: salas de concertos, artistas e creadores de diversas disciplinas.
