Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Noites do Porto

22 Setembro

22 Setembro – 2 Outubro / A Coruña

O festival Noites do Porto da Coruña volve ofrecer no seu programa noites máxicas con artistas de referencia. La Casa Azul, Israel Fernández, The Lemonheads, Jasmine Myra ou The Gruesomes, son algúns dos nomes que estarán presentes nesta quinta edición. Dentro do cartel, tamén hai lugar para artistas coruñeses e galegos, como son Moura e Océano Eskizo.

Este festival non só se centra na música, se non que conta con varias vertentes como Noites coa Arte ou Noites nos Bares. Na primeira reunirase a creación artística de varios nomes da plástica coruñesa, como Álvaro Dorda, Héctor Francesch, Javier de la Rosa, Jorge Taboada, Julia Lago, Laura Bergantiños, Manuel Suárez, Mich Martial, Vítor Mejuto ou, Iria do Castelo.

O festival amplía ademais a súa presenza nos espazos urbanos coa cápsula Noites nos Bares, que achegará ás salas e locais de referencia da cidade varias sesións especiais de djs locais, nacionais e internacionais.

Recinto

Porto, A Coruña
Muelle Centenario, 1 A Coruña 15006 + Google Map