Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Noia Harp Fest

4 Agosto, 2022

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 7 Agosto, 2022

De balde

3 – 7 Agosto / Varios horarios / Noia (A Coruña) / De balde

No corazón da Ría da Estrela, en Muros-Noia (A Coruña), cada verán celébrase un encontro musical singular no que a música instrumental e, en concreto, o arpa, é protagonista. A vila de Noia convertirase un verán máis nun gran escenario para acoller a nova edición do único festival arpístico de Galicia e do noroeste da Península Ibérica. O Noia Harp Fest celebra do 3 ao 7 de agosto a súa novena edición e contará cun cartel conformado por artistas dunha notable calidade artística chegados de Escocia, Senegal, Paraguai, Bretaña, Polonia, Cataluña, Castela e León ou Galicia.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celébrase ininterrompidamente, desde fai nove anos, na localidade coruñesa. Baixo a dirección artística do recoñecido músico e arpista Rodrigo Romaní, o evento ofrece ao público unha proposta ecléctica, singular e que dá cabida a unha ampla diversidade estilística, xa que o seu fío condutor é a interpretación musical a través dun único instrumento: o arpa.

Figuras como Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trio, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio, Anna Amigó, Trío Clepsidra ou Bleuenn lle Friec formarán parte desta nova edición, no marco do programa Concertos do Xacobeo, na que o público poderá gozar, de forma gratuíta, de directos de música celta, antiga, contemporánea, folk ou jazz, entre outros, dunha notable calidade artística.

Un dos pratos fortes do festival é tamén a súa relación co territorio. Ademais de promover a participación do alumnado das escolas de arpa de Galicia, Noia Harp Fest pon en valor o patrimonio arquitectónico e natural da zona coa organización de concertos en lugares emblemáticos. É o caso do escenario da Praza do Tapal, xunto á icónica igrexa de San Martiño; a igrexa de Santa María A Nova, hoxe en día convertida en museo e que conta cunha espectacular colección de laudas medievais; os xardíns da Central Hidroeléctrica do Tambre, deseñada polo arquitecto Antonio Palacios; ou a inauguración dun novo auditorio ao aire libre do complexo Cabañitas del Bosque de Albeida -Premio Nacional de Arquitectura 2020 outorgado polo CSCAE-, no concello veciño de Outes.

Ademais da súa programación musical, Noia Harp Fest presenta un programa de actividades que inclúe clases maxistrais coas súas arpistas, un taller familiar de construción de arpa co luthier Luís Martins ou a convocatoria da primeira edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, unha aposta innovadora que busca ampliar o repertorio de obras para arpa e orquestra.

Recinto

Praza do Tapal, Noia
Praza do Tapal A Coruña 15200 Spain + Google Map
Teléfono:
Y otros 3 escenarios: Iglesia de Santa María A Nova, Jardines de la Central Hidroeléctrica del Tambre y Auditorio al aire libre del complejo Cabañitas del Bosque de Albeida en Outes.