Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Noel Mckay

16 Setembro / 20:30

16 Setembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Historias sureñas que viaxan en cancións. O martes 16 de setembro, o escenario do Fuco Lois énchese de folk, country e raíces americanas co directo de Noel McKay.

Cantautor nado en Texas, McKay é un narrador de paisaxes e personaxes cotiáns, cunha sensibilidade que conecta o íntimo e o universal.

A súa música, marcada pola tradición do country-folk e unha lírica próxima e sincera, ecoou en escenarios de todo Estados Unidos e agora chega por primeira vez a Holanola.

Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.

Detalles

Data:
16 Setembro
Hora:
20:30 – 23:30
Categoría do Evento:

Protagonista

Noel McKay

Recinto

Fuco Lois, Santiago de Compostela
Rúa de Xelmírez, 25 A Coruña 15704 Spain + Google Map