6 Xuño – 28 Setembro / O Grove (Pontevedra)

Náutico de San Vicente
21 Xuño

Directos cun cartel secreto, bo ambiente e brisa para melómanos empedernidos. Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia alíanse co mítico Náutico de San Vicente, ao pé da praia da Barrosa, para que a música en directo non deixe de soar neste templo que mira ao océano Atlántico e onde resoan os himnos dalgúns dos artistas máis queridos da escena musical galega e española de hoxe e de sempre.