14 – 16 Agosto / Ferrol (A Coruña)

Nachiños Fest
14 Agosto

A sexta edición do Nachiños Fest trasládase ao Porto de Curuxeiras de Ferrol do 14 ao 16 de agosto. Un dos recunchos máis fermosos da cidade naval acollerá a mellor música da man de artistas como Sexy Zebras, Malmö 040, Ortiga, Karavana, Inazio, Barry B ou Filloas, entre moitos outros, ademais de novas sorpresas e diferentes actividades.