Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Morriña Festival

Morriña Festival

24 Xullo

24–25 Xullo / 15:00 / A Coruña

O Morriña Festival é unha das citas musicais máis relevantes da época estival na nosa comunidade, que este 2026 regresa para celebrar á súa sexta edición os días 24 e 25 de xullo. No seu cartel reúnense este ano Manuel Turizo e Young Miko, nas súas únicas datas en Galicia, xunto a Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera, entre outros.

O festival presenta un ano máis unha oferta potente de artistas internacionais e nacionais que pisan forte nas listas de escoitas do momento e aposta pola diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos, como un evento de gran formato atractivo e ecléctico que congrega na cidade a milleiros de persoas.

O Morriña Festival conta de novo co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Detalles

Recinto