Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

Morgan

20 Outubro / 19:30

20€

20 Outubro / 19:30 / A Coruña / Desde 20€

Morgan volve aos escenarios tras case dous anos coa súa xira The River Tour, para presentar o seu terceiro traballo de estudo, titulado The River and the Stone. O novo álbum de estudo da banda é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020, resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos.

O ciclo de concertos Noites do Porto regresa este outono ao porto da Coruña no marco do programa musical Concertos do Xacobeo. Jorge Drexler, Morgan, FERNANDOCOSTA, James Rhodes e M. Ward son os primeiros cabezas de cartel que se dan a coñecer da segunda edición do evento, que se celebrará do 20 ao 23 de outubro de 2022 no histórico peirao de Batería da cidade herculina. No seu segundo ano de programación, o evento amplía a súa proxección coa incorporación de artistas de ámbito internacional que ofrecerán os seus únicos directos en Galicia, este 2022, en Noites do Porto.

Noites do Porto nace en 2021 como unha experiencia musical que ofrece unha serie de shows únicos e exclusivos en Galicia. O evento, que volverá contar cunha cúpula en formato iglú transparente, amplía este 2022 o seu número de xornadas de directos: en total serán catro días de concertos con vistas ao mar no corazón da cidade da Coruña. O programa completarase, así mesmo, cunha programación expandida alén destas datas, que inclúe dúas noites musicais de inauguración e clausura nunha mítica sala de concertos da cidade: a Sala Garufa.

Nela terán lugar as denominadas ‘Noite de inauguración’ o 19 de outubro, e ‘Noite de clausura’, o mércores 26 do mesmo mes. Mentres que na primeira cita o cartel aínda é secreta, a despedida de Noites do Porto ofrecerá a única actuación do estadounidense M. Ward este ano en Galicia, no marco da xira de presentación do seu último disco, Think of Spring.

Detalles

Data:
20 Outubro
Hora:
19:30 – 21:30
Custe:
20€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Morgan

Recinto

Muelle de Batería del Puerto, A Coruña
Muelle de la Batería A Coruña 15006 Spain + Google Map