6 Febreiro / 21:00 / Ourense
- Este evento pasou.
Maresía: Pablo López
6 Febreiro


Pablo López chega o 6 de febreiro a Ourense, no marco do ciclo Maresía, coa xira do espectáculo ‘El Niño del Espacio en Concierto 2026’, cuxo repertorio inclúe os seus grandes éxitos e os novos temas do seu novo álbum ‘El Niño del Espacio’.
Maresía propón unha serie de concertos por diferentes cidades de Galicia con artistas nacionais e internacionais que destacan en distintos xéneros e estilos. O ciclo brinda a oportunidade de desfrutar de actuacións en directo inigualables.

