Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Maré

Maré

23 Setembro

23–27 Setembro / 20:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Maré – Festival de Músicas e Artes Atlánticas regresará a Santiago de Compostela coa súa sétima edición para converter a cidade nun punto de encontro entre as culturas das dúas beiras do Atlántico.

Con artistas de máis de 16 países e representación de 12 linguas diferentes, na edición de 2026 confluirán os ritmos do jazz, do folclore, do rock, do reggae, da trova cubana, da samba, do fado, do blues ou das músicas de raíz. No cartel destacan nomes como Magalí Sare e Vox Stellae, Aterciopelados, Haydée Milanés & Javier Colina, Bia Ferreira, Marcos Coll, Omar Souleyman, Ala.ni ou António Zambujo.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Maré consolídase como unha das citas culturais máis singulares do calendario galego, apostando por unha programación que pon no centro a diversidade, a inclusión, o feminismo, a sostibilidade e a creación contemporánea.

Recinto