Skip to main content
Loading Events

« All Events

Marc Anthony

13 Xullo / 21:30

13 Xullo / 21:30 / A Coruña

Marc Anthony, o indiscutible rei da salsa, regresa á Coruña como parte da súa esperada xira mundial “En Vivo”, coa que celebra máis de tres décadas de éxitos que marcaron a historia da música latina. Tras actuar nos principais escenarios do mundo e formar parte da programación de grandes capitais internacionais, o artista portorriqueño volve a Galicia para presentar, o 13 de xullo, no Peirao de Batería da cidade herculina, un espectáculo que percorre a súa traxectoria e reafirma a súa posición como unha das figuras máis influentes do panorama musical latino.

“En Vivo” é unha xira deseñada para mergullar ao público nunha viaxe sonora polos temas que definiron a carreira de Marc Anthony. Con éxitos globais como Vivir mi vida, Flor pálida, Valió la pena y Qué precio tiene el cielo, o concerto ofrecerá unha experiencia na que a música, a emoción e a enerxía fusiónanse nunha proposta visual de primeiro nivel. O tour percorre máis de tres décadas de traxectoria musical, demostrando que Marc Anthony segue sendo un dos artistas máis influentes da música latina.

Na súa anterior visita á cidade herculina, en 2016, bateu récords ao esgotar todas as entradas en só 48 horas; e en 2022, no Monte do Gozo, 16.000 persoas rendéronse ante o seu “World Tour”. Oito anos despois, a cidade herculina volve incorporarse ao itinerario internacional do artista cun novo concerto no Peirao de Batería do Porto, un dos grandes escenarios da Coruña, nunha cita que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Marc Anthony foi galardoado con numerosos premios, incluídos Grammy e Latin Grammy, e conta cunha carreira que supera as tres décadas de traxectoria. A súa presenza constante nos primeiros postos das listas de vendas, a súa versatilidade entre xéneros como a salsa, a balada e o pop, e a súa proxección internacional convertérono nun dos grandes nomes propios da música das últimas décadas. O seu regreso a Galicia será unha oportunidade única para reencontrarse en directo cunha das voces máis icónicas do panorama musical latinoamericano.

Details

Date:
13 Xullo
Time:
21:30 – 23:00
Event Category:
Website:
https://www.sondomarfestival.com

Organizer

Marc Anthony

Venue

Muelle de Calvo Sotelo, A Coruña
Muelle de Calvo Sotelo A Coruña 15006 Spain + Google Map