7 Novembro / 21:00 / Maceda (Ourense)
- Este evento pasou.
Magostea
7 Novembro


Magostea celebra o 7 de novembro na Carballeira do Castelo de Maceda (Ourense) unha xornada arredor da cultura e das tradicións do outono galego. Con entrada de balde, conta no cartel con Sés, 9Louro e Señora DJ.
O evento conta co apoio dos Concertos do Xacobeo e combina gastronomía, música e artesanía nun encontro pensado para poñer en valor os produtos, os oficios e as expresións culturais propias do territorio, coa celebración do magosto e a castaña como protagonistas.

