Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

LP

7 Outubro, 2022 / 21:30

26€

7 Outubro / 21:30 / A Coruña / 26€

Atraído polo seu impresionante hit Lost On You, cando o público asiste a un concerto de Laura Pergolizzi, descobre a unha artista cun carisma pouco habitual e unha capacidade vocal a proba de bombas. Tras os seus primeiros discos onde xa deixaba mostras do seu talento, en 2006 chama a atención de varias discográficas despois da súa enorme actuación no prestixioso festival South By Southwest, pero non sería ata uns anos despois cando empeza a compoñer para artistas como Rihanna ou Christina Aguilera, atraendo a atención dos medios e compañeiros de profesión.

Pronto chegaría Into the Wild, o seu primeiro gran éxito, pero foi coa chegada de Lost On You, un adianto do seu cuarto álbum que daba título ao disco, cando LP irrompeu na industria musical como unha verdadeira bomba, convertendo unha canción dedicada á súa exmoza en todo un hit mundial.

Lost On You foi disco de Diamante en México e Francia, catro veces Platino en Italia, Platino en Polonia e Ouro en Bélxica e Suíza. Ademais, o sinxelo superou recentemente os dous mil millóns de streams, foi número 1 en 18 países e alcanzou o número 1 en case dúas ducias de listas internacionais, incluíndo o número 1 de iTunes en Grecia, Turquía, Francia, Polonia, Bulgaria e Mongolia. A día de hoxe, acumula máis de 528M de reproducións en Spotify e máis de 448M en Youtube, que se di pronto.

No seu ecléctico estilo, emotivo e ás veces desgarrador, mestura a partes iguais esa forza que desprende cunha delicadeza asombrosa. As súas cancións a corazón aberto, interpretadas con esa voz única, serviron para consolidar unha carreira tan longa como descoñecida para moitos. E é que poucas persoas saben que a súa pluma compuxo temas para grandes divas da música como Rihanna, Christina Aguilera, Rita Ora, Cher ou Leoa Lewis.

A dia de hoxe, LP esgota as entradas dos seus concertos no medio mundo, onde é solicitada nos principais festivais e os escenarios máis prestixiosos do planeta. En poucos anos, a compositora e cantante neoiorquina converteuse nunha das figuras máis destacadas do panorama actual de voces femininas.

Con novo disco debaixo do brazo, Churches, o sexto da súa carreira, a americana íspese de novo para deixarnos outro conxunto de (grandes) cancións que se suman ó seu, cada vez, máis adictivo repertorio. O Ciclo Xacobeo Importa presenta por primeira vez en Galicia unha das voces propias da escena indie rock alternativa do momento. Unha artista carismática que sorprenderá a todos aqueles que aínda non a viron en directo. Os seus shows non deixan a ninguén indiferente.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
7 Outubro, 2022
Hora:
21:30 – 23:30
Custe:
26€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

LP

Recinto

Sala Pelícano, A Coruña
Avenida do Porto, 3 A Coruña 15003 Spain + Google Map