Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Loquillo

15 Agosto / 20:00

15 Agosto / 20:00 / Sanxenxo (Pontevedra)

Loquillo fará parada en Sanxenxo (Pontevedra) coa súa xira 30 años de Transgresiones o día 15 de agosto, no marco do Festival Costa Feira 2024, na que será a súa única data en Galicia. O artista presentará neste ciclo de concertos das Rías Baixas unha antoloxía das mellores cancións do seu repertorio dedicado á poesía contemporánea.

 

Na primavera de 2024, Loquillo publicou o álbum 30 años de Transgresiones, Antología Poética, un disco dobre que compila unha trintena de temas, con adaptacións de Bernardo Atxaga, Julio Martínez Mesanza, Mario Benedetti, Jacques Brel, Luis Eduardo Aute, Luis Alberto de Cuenca ou Jaime Gil de Biedma, entre outros. Este proxecto, que el mesmo define como “transgresor e nihilista”, lévalle de novo aos escenarios en compañía da súa banda habitual, para ofrecer a súa faceta máis poética, pero sen perder a forza e a pasión dos seus directos.

Detalles

Data:
15 Agosto
Hora:
20:00 – 22:00
Categoría do Evento:

Protagonista

Loquillo

Recinto

Costa Feira, Sanxenxo
Polígono de Nantes Pontevedra 36969 Spain + Google Map