18 Setembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Leo Middea
18 Setembro / 20:30

Brasil chega a Holanola con ritmo, poesía e alegría contaxiosa. O 18 de setembro o Riquela Club encherase de enerxía tropical co directo de Leo Middea, un dos artistas máis destacados da nova xeración da música brasileira.
Cantante e compositor, Leo fusiona a riqueza da música popular brasileira con sons globais: bossa nova, pop e ritmos tropicais atópanse en cancións cheas de vida e emocións.
Inspirado por figuras como Caetano Veloso e Jorge Drexler, conecta culturas e xeracións cun estilo fresco, poético e vitalista. Os seus concertos son auténticas festas onde a música e o público fúndense nunha mesma celebración.
Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.