19 Setembro / 21:45 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Joe Lastie’s ft Carlos Childe
19 Setembro / 21:45

O latexado de Nova Orleans chega a Holanola. O 19 de setembro, o Riquela Club convértese en epicentro do jazz tradicional con Joe Lastie’s New Orleans Sound xunto a Carlos Childe.
Joe Lastie, batería de Preservation Hall Jazz Band durante 35 anos, compartiu escenario con lendas como Irma Thomas, Fats Domino, Allen Toussaint ou The Blind Boys Of Alabama.
Neste proxecto únese ao banjoista e vocalista Carlos Childe para presentar “Nola By Spain”, unha homenaxe vibrante á música tradicional de Nova Orleans.
Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.