Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Iván Ferreiro

12 Agosto, 2022 / 22:30

8€

12 Agosto / 22:30 / Ribeira (A Coruña) / Desde 8€

Despois do éxito en 2021 de Cuentos y canciones, un espectáculo audiovisual onde contaba a súa biografía á súa maneira, este 2022 Iván Ferreiro volverá subirse aos escenarios acompañado pola súa banda habitual. “Teño ganas de cantar máis e de falar menos”, di Ferreiro sobre Canciones 2022, un show especial e infalible co que visitará Ribeira o 12 de agosto no marco de Concertos do Xacobeo, onde soarán, ademais dos temas máis representativos dos seus sete discos en solitario, algúns himnos da súa época nos Piratas.

Iván irá acompañado pola súa banda habitual: Ricky Falkner (Love of Lesbian, Egon Soda), Xabi Molero, Pablo Novoa (Golpes Bajos, La Banda de Leit Motiv), Emilio Saiz, Marta Toro e Amaro Ferreiro. “Teño ganas de tocar cos meus amigos e de gozar destas cancións, antes de saír cun novo disco en 2023. Quero pasalo ben e celebrar”, afirma o artista.

Detalles

Data:
12 Agosto, 2022
Hora:
22:30 – 23:59
Custe:
8€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

Iván Ferreiro

Recinto

Plaza de España, Ribeira
Plaza de España A Coruña 15960 Spain + Google Map