23 Outubro / 21:00 / A Coruña
Intermodal 2026: Micah P. Hinson


O cantautor estadounidense Micah P. Hinson actuará o 23 de outubro no Teatro Colón dentro do ciclo Intermodal, nunha cita única en Galicia incluída na súa xira europea, co apoio de Concertos do Xacobeo. Será nun formato íntimo que potencia a forza e a sensibilidade do seu repertorio.
O concerto servirá para presentar a súa nova etapa creativa, marcada por unha profunda transformación persoal e artística. Considerado unha figura de culto do alt-folk estadounidense, Hinson chega con ‘The Tomorrow Man’, un traballo que amplía o seu universo sonoro con novos matices e unha proposta máis aberta, mantendo a intensidade emocional que caracteriza a súa traxectoria.
Intermodal é unha viaxe musical coa intención de conectar cidades, estilos e públicos a través dunha programación diversa e de gran calidade. O ciclo, que reúne en Galicia destacados artistas da escena internacional, propón vivir a música sen etiquetas e sen fronteiras estilísticas.

