Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Imagine Dragons

11 Xullo, 2022 / 22:00

57€

11 Xullo / 22:00 / Santiago de Compostela (A Coruña) / Desde 57€

Imagine Dragons confirma unha nova parada no noso país dentro de Mercury Tour, a súa esperada xira mundial. A banda actuará o 11 de xullo no Monte do Gozo de Santiago de Compostela no marco do programa Concertos do Xacobeo.

Para celebrar o lanzamento do seu último álbum, Mercury – Act 1, Imagine Dragons anunciaba recentemente a súa xira mundial, Mercury Tour. Producida por Live Nation, a súa etapa europea arrincou o 28 de maio de 2022 no Letnany Airport de Praga (República Checa) e ten paradas en estadios e grandes recintos o aire libre das principais cidades europeas antes de rematar o 16 de xullo en Lollapalooza París (Francia). Imagine Dragons é tamén cabeza de cartaz de algúns dos festivais máis emblemáticos de Europa, como I-Days (Milán), Rock Werchter (Bélxica), Pinkpop (Países Baixos) ou Mad Cool Festival (Madrid).

Con 46 millóns de álbumes, 55 millóns de cancións vendidas en todo o mundo e 74.000 millóns de reproducións acumuladas, Imagine Dragons reinventou o xénero co seu enorme éxito ao longo da década de 2010 e segue sendo unha das bandas de rock con máis récords de venda. Ademais, segundo a revista Billboard, as tres mellores cancións de rock da década levan a súa firma: Believer, Thunder e Radioactive.

Detalles

Data:
11 Xullo, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
57€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

O Monte do Gozo, Santiago de Compostela
Monte do Gozo A Coruña 15820 Spain + Google Map