Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Ilegales

5 Agosto, 2022 / 22:00

De balde

5 Agosto / 22:00 / A Coruña / De balde

O venres 5 de agosto, a xira La lucha por la vida de Ilegales recalará na Coruña dentro da programación das Festas de María Pita.

Para conmemorar o 40º aniversario da banda, Ilegales lanzou en febreiro de 2022 un novo álbum, La lucha por la vida, que inclúe abundante novo material, pero tamén varias cancións recentes do repertorio ilegal, todas elas reinterpretadas por grandes artistas de diversos estilos, como Andrés Calamaro, Luz Casal, Iván Ferreiro, Guille e Juanma (Vetusta Morla), Carlangas (Novedades Carminha), Dani Martín, Josele Santiago, M-Clan, Evaristo Páramos (La Polla Records), Loquillo, Kutxi (Marea), Coque Malla ou Enrique Bunbury.

A xira de presentación está a ser tan especial como o propio disco, pois ofrece unha posta en escena espectacular para rememorar os clásicos máis soados do seu extenso repertorio, xunto ás novas cancións. Os temas clásicos, convertidos case en himnos por fans de ambos os lados do océano, reflicten a personalidade irresistible de Jorge Ilegal e a súa música, ante os que ninguén permanece indiferente.

A xira La lucha por la vida leva acumuladas desde marzo de 2022 máis de 30 datas a ambos os dous lados do Atlántico e o concerto do 5 de agosto na Coruña, enmarcado no programa musical do Xacobeo 21-22, Concertos do Xacobeo, é, sen dúbida, unha oportunidade espléndida para gozar dunha gran noite de rock.

Detalles

Data:
5 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Plaza de María Pita, A Coruña
Praza de María Pita A Coruña 15001 Spain + Google Map