20 Xuño / 22:30 / Ourense
Hard GZ
20 Xuño


Hard GZ, nome artístico de Pedro Ruibal, é unha das voces máis recoñecibles do rap en Galicia na última década. O artista galego actuará nun concerto gratuíto o 20 de xuño en Ourense , unha cita que conta co patrocinio dos Concertos do Xacobeo.
Hard GZ fundou o selo independente La Utopía del Norte, xestionando a súa propia carreira durante case unha década na que lanzou varios álbums entre os que destaca a triloxía ‘Kaos Nomada’, ‘Versus’, ‘Siempre’, así como máis recentemente ‘La Costa II’.

