16 Agosto / 20:00 / Sanxenxo (Pontevedra)

Guitarricadelafuente
16 Agosto / 20:00

Costa Feira 2025 suma ao seu ecléctico cartel o talento único de Guitarricadelafuente. O artista, recoñecido pola súa voz singular e a súa persoalísima maneira de reinterpretar o folk contemporáneo con influencias de raíz, actuará o próximo 16 de agosto, nun concerto que, sen dúbida, será un dos grandes momentos do ciclo.
Guitarricadelafuente chegará aos Concertos do Xacobeo nun momento crucial da súa carreira, tras o lanzamento do seu segundo e aclamado álbum Spanish Leather, traballo que o consolidou como todo un referente para esa nova xeración que busca reimaxinar a tradición desde a máis pura autenticidade e cunha sensibilidade contemporánea.
Este verán, co impulso dos Concertos do Xacobeo, regresa a Sanxenxo un carismático evento que reúne o mellor do pop rock español das últimas décadas, nun mes inesquecible de concertos e experiencias para toda a familia. Do 25 de xullo ao 25 de agosto, ¡benvidos ao Festival Costa Feira!