16 Decembro / 20:30 / Vigo (Pontevedra)
Grandes del Gospel: The Soul of Gospel by Black Heritage Choir


Concertos do Xacobeo presenta en Vigo ‘The Soul of Gospel’, de The Black Heritage Choir, no marco de Grandes do Gospel, un clásico da programación de Nadal.
Formado por unha selección de cantantes do Mississippi Mass Choir e baixo a dirección de Jerry Calvin Smith, The Black Heritage Choir achega ao público a forza vocal e a tradición do gospel a través dun repertorio que percorre as raíces deste xénero e a súa evolución ata as expresións máis contemporáneas.
A cita conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, que incorpora así á súa programación unha proposta musical marcada pola espiritualidade, a enerxía e a forza colectiva das voces do gospel.

