Skip to main content
Loading Events

« All Events

Foster The People

15 Xullo / 22:00

15 Xullo / 22:00 / A Coruña

Foster The People dará o seu primeiro concerto en Galicia como parte da súa xira internacional ‘Paradise State of Mind Tour’. A banda global do pop alternativo actuará o 15 de xullo na Sala Pelícano da Coruña, no marco do Gozo Festival, dentro dos Concertos do Xacobeo.

Os californianos, que farán tres únicas paradas en España dentro deste novo tour –na Coruña, en Barcelona e no madrileño Mad Cool– prometen unha experiencia electrizante a ritmo do mellor indie pop. O seu concerto na cidade herculina será unha oportunidade única para gozar en directo dos grandes éxitos da banda, como Pumped Up Kicks, Helena Beat ou Sit Next to Me, así como dos novos temas incluídos no seu recente repertorio.

Co seu característico estilo enérxico e visualmente atractivo, Foster The People ofrecerá unha noite inesquecible para todos os amantes do indie rock e o pop alternativo.

Unha das citas máis destacadas no calendario anual dos Concertos do Xacobeo é o Gozo Festival, que neste 2025 achega a Galicia figuras internacionais de renome como Lenny Kravitz (nun concerto no que contará con Estrella Morente como artista convidada), David Guetta, Alanis Morissette, Maná ou Lionel Richie, ademais de novos nomes que pouco a pouco seguirán a anunciarse.

Neste 2025, o Gozo Festival consolídase co apoio da Xunta de Galicia para celebrar a súa terceira edición coa singularidade artística como estandarte, con estrelas mundiais de estilos musicais ricos e plurais, para o goce dos públicos máis diversos, ofertando oportunidades únicas de ver na nosa terra, en exclusiva, xiras mundiais de renome.

Outra das súas singularidades do Gozo Festival é que se trata dun evento espallado no tempo, con concertos que se dosifican ao longo de todo o ano, que axuda a desestacionalizar o turismo e que xera un impacto económico moi salientable e positivo, promovendo o emprego e gasto nas cidades que o acollen.

Details

Date:
15 Xullo
Time:
22:00 – 23:30
Event Category:
Website:
https://gozofestival.com

Organizer

Foster The People

Venue

Sala Pelícano, A Coruña
Avenida do Porto, 3 A Coruña 15003 Spain + Google Map