Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Flores Rock

Flores Rock

5 Setembro

4–6 Setembro / 19:00 / A Coruña

O Flores Rock celebrará o seu 10º aniversario os días 4, 5 e 6 de setembro de 2026 na Coruña, cunha ampla programación musical e actividades no Barrio das Flores. A cita manterá o espírito co que naceu en 2016, combinando música, barrio e cultura popular.

O cartel reunirá propostas como Lamatumbá, Dakidarría, Angelus Apatrida, The Lizards, True Mountains, entre outras, así como citas para a cativada con Pako Pakolas, Brais das Hortas e Peter Punk.

Enmarcado nos Concertos do Xacobeo, o festival medrou coa súa veciñanza e hoxe forma parte da propia identidade cultural e festiva da Coruña. O vínculo co territorio, coa xente e co tecido social é un dos seus grandes valores.

Detalles

Recinto