Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Festas de Ferrol

30 Agosto / 20:00

30 Agosto / Ferrol (A Coruña)

Neste 2025, os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia apoian a celebración das Festas de Ferrol do 22 ao 31 de agosto, dándolle as súas destacadas citas musicais. Así, a mellor música urbana actual encherá a Praza de Armas da localidade ferrolá da man de demandadas figuras que suman miles de escoitas nas plataformas dixitais, como Vicco, Lérica e Chema Rivas.

A noite do sábado, 30 de agosto, ás 20.00h, a popular participante no Benidorm Fest Vicco chegará á praza de Armas da localidade ferrolá co seu pop con influencias dos 80, o reguetón e a electrónica; mentres que, a partir das 21.30 horas, Lérica fará gala do seu pop urbano, fresco, tropical e flamenco. Na cita tampouco faltará o pegadizo estilo urbano latino de Chema Rivas, que fará a súa aparición contra ás 23.00 horas.

Detalles

Data:
30 Agosto
Hora:
20:00 – 23:59
Categoría do Evento:

Protagonistas

Lérica
Vicco
Chema Rivas

Recinto

Praza de Armas, Ferrol
Praza de Armas A Coruña 15403 Spain + Google Map