17 Agosto / 21:00 / Triacastela

Emilio Rúa
17 Agosto / 21:00

O cantautor ourensán Emilio Rúa leva sobre os escenarios desde os cinco anos. Publicou oito discos, entre eles Vida miña, Destinos Sur, Querida alegría ou Tinta do poema, con colaboracións de artistas como Uxía, Luís Tosar, Guadi Galego ou Kepa Junkera.
Gañador de dous premios nacionais de cantautores cantando en galego (Cantigas de Maio e Xóvenes Cantautores de Elx), tamén colaborou en proxectos audiovisuais galegos como o documental En son de paz, a serie Chapa e pintura ou a película Pradolongo.
Emilio Rúa atópase na súa plena madurez musical, como demostrou, por exemplo, no seu disco Duetos, gravado a dúo con 16 grandes artistas, entre eles, Víctor Manuel, Rozalén, Pablo Milanés, Carmen París ou Soledad Giménez, con quen logrou emocionar tanto ao seu público fiel como a novos oíntes. Agora regresa aos Concertos do Xacobeo cunha xira para celebrar o seu 25º aniversario.