12 Setembro / 12:30 / Vila de Cruces (Pontevedra)
Eferro Foliada
12 Setembro


A Eferro Foliada regresa a Merza, en Vila de Cruces, para celebrar unha xornada dedicada á música tradicional galega, á cultura popular e ao encontro arredor da foliada. A iniciativa, vinculada ao universo da artesá zoqueira Elena Ferro, converte cada ano o seu espazo de Merza nun punto de encontro para músicos, bailadores e público.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o cartel deste ano trae as actuacións de Mondra, Unha señora orquestra, Unto Vello ou Baiuca.

