30 Xullo / 20:00 / Sanxenxo (Pontevedra)
Costa Feira: Xavibo
30 Xullo


Xavibo fíxose viral grazas a TikTok e vai camiño de converterse nun dos cantantes imprescindibles da escena indie. O cantautor mallorquino chega a Sanxenxo coas súas cancións máis emotivas e íntimas.
Co impulso dos Concertos do Xacobeo, regresa a Sanxenxo a cuarta edición de Costa Feira, un evento que reúne o mellor do pop rock español das últimas décadas nun mes inesquecible de música no epicentro das Rías Baixas.

